Porta aberta para poder coñecer o que facemos no DO, informarse sobre temas relacionados coa diversidade, inclusión, educación, ... e compartir as túas opinións e suxestións.

1 abr. 2018

MEDIACIÓN DE CONFLITOS ENTRE IGUAIS: 
XA TEMOS O NOSO LOGO!!

Este curso estase levando a cabo no noso centro co profesorado e co alumnado de 5º EP un Programa de Mediación en Conflictos :“A túa responsabilidade ante os problemas”.
Esta formación de mediadoras e mediadores ten por finalidade mellorar a convivencia no centro educativo. Os seus obxectivos, entre moitos outros, son:
  • Coñecer a mediación dende unha perspectiva global e como unha das propostas eficaces para mellorar a convivencia na institución educativa.
  • Favorecer o desenvolvemento do estilo colaborativo na resolución de conflitos.
  • Aprender as fases principais dun proceso de mediación formal, a súa función e a forma de desenvolver cada unha delas.
  • Implicar ao alumnado no deseño e desenvolvemento das actividades para mellorar a convivencia.

A formación do profesorado tivo lugar en Decembro, a do alumnado de 5º durante o mes de Xaneiro.

En Febreiro convocouse o concurso entre eles para escoller un logo co que darse a coñecer. 

Estos foron os logos presentados:





E este o logo gañador:



Alumnado que elaborou o logo e o lema:


 Durante o mes de Abril o alumnado de 5º fará o labor de difusión,  para que se empece a recurrir ao equipo de mediación do centro para axudar neses pequenos conflitos que xorden no día a día.

Seguiremos informando!!

8 mar. 2018

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER
O 8 de marzo dedicamos unha xornada de reflexión sobre o longo camiño que as mulleres percorremos para ver recoñecidos os nosos dereitos.  
O que se reivindica é unha igualdade de dereitos entre ámbolos sexos, e non só na redacción das leis, senón na aplicación das mesmas e nos seus resultados.
Estes aspectos deben seguir sendo reivindicados, pois o obxectivo final da igualdade non se conseguiu, e para elo simplemente temos que remitirnos aos datos de desemprego, horas de traballo dentro do fogar e fora del, posición laboral, soldos, abusos, agresións, etc. 
Aínda queda moito por facer e hai marxe para mellorar. Por outra banda, é prioritario incidir na formación cultural e educativa, para erradicar hábitos e culturas de discriminación, de marxinación ou de violencia de xénero.
Desde a escola colaboramos coa familia na Educación en Igualdade, non solo durante estas semanas, senón como tema trasversal durante todo o curso escolar.
Unha pequena mostra das reflexións feitas a propósito deste día o podemos ver na entrada do cole e no interior das aulas.


As conquistas foron moitas ao longo do tempo pero queda moito por facer.

31 ene. 2018

ESCOLA DE NAIS E PAIS 

No mes de Decembro convocamos ás familias para ter información sobre o programa de Mediación de conflitos que imos desenvolver no centro este curso 2017-18. A charla resultou moi interesante para as familias que acudiron e propuxeron facer un pequeno curso (de 3 horas aproximadamente) para afondar máis na Mediación como recurso para todos/as. Se hai máis familias interesadas non dubidedes en contactar comigo.

Para os 2º e 3º trimestres e trala enquisa cuberta polas familias, as charlas da escola de pais e nais que resultaron máis elixidas foron:
  • Uso adecuado das novas tecnoloxías na infancia.
  • Manexo da frustración na infancia.
O horario máis compatible cun maior número de familias foi ás 18´30.

Ao igual que o curso pasado, contamos coa colaboración da ANPA Bidueiro, que ofrecerá un servizo de gardería se hai un número suficiente de demanda para facilitar a asistencia das persoas que o precisen.

O taller de 3 días Mocidade e Novas Tecnoloxías” terá lugar os próximos martes 6, 20 e 27 de febreiro, na aula de música do cole en horario de 18.30 a 20.30h.

Os obxectivos da formación son:

- Proporcionar pautas educativas de uso saudable e responsable das TIC.
- Formar e informar sobre as vantaxes y riscos que representan as TIC na actualidade,
reducindo a brecha dixital entre menores e proxenitores.
- Fomentar unha maior prevención e mellora da seguridade dos e das menores en internet e a
protección fronte á violencia.

E os contidos:
- Definición de TIC:
o Trazos positivos e negativos.
o Diferencia entre uso, abuso e adicción.
o Diferencia entre realidade e virtualidade.
o Diferencia xeracional (nais/pais-nenos/as)
- Posibles causas, ameazas e riscos
o Soidade.
o Falsos amigos.
o Personalidade non formada.
o Baixa autoestima, depresión ou ansiedade.
o Problemas dos estudios.
- Tipos de adiccións
o Internet, teléfono móbil e videoxogos.
- Acoso nas redes sociais:
o Ciberacoso
o Sexting
o Grooming
o Control das parellas a través das redes sociais.
- Prevención
o Importancia
o Que aporta?
- Factores de protección e factores de risco. Ámbito de interacción dos factores de risco.
- Boas prácticas. Uso saudable das TIC.
- Por que debemos facer prevención na familia? Marco legal.
o Infraccións contra as persoas.
o Infraccións contra o patrimonio.


Aínda quedan prazas libres, e sí haberá servizo de gardería, así que se algunha familia 
está interesada e non se apuntou, estades a tempo.
Esperamos que o taller cubra as vosas expectativas e poder contar coa vosa presenza.

Moitas grazas.

30 ene. 2018



                                                      30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ


Hoxe celebramos no centro o Día da Paz. Para concretar esta celebración cunha acción que contribuíra a un mundo mellor, o alumnado trouxo un alimento/produto de hixiene para familias da zona (Oleiros, Cambre, Culleredo) que o necesiten. Con ese símbolo da paz repleto de alimentos, queremos transmitir a importancia de compartir, por una banda, e de que todos os nenos e nenas teñan cubertas as súas necesidades,  por outra.



Grazas a todo o alumnado e ás familias polo voso granito de area, e ás mestras de música por poñer banda sonora e ritmo ao acto: 
                      “Somos unha marea de xente,
                       todo é diferente remando ao mesmo compás”.

24 nov. 2017

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O sábado 25 de Novembro é o día contra a violencia de xénero. O alumnado do Isidro Parga Pondal reflexiona durante todo o curso escolar sobre igualdade, non violencia e moitos dos temas que como sociedade nos preocupan. Eles son o presente e o futuro da nosa sociedade e confiamos na educación para erradicar conductas como a violencia contra as mulleres ou o trato desigual. Esta semana reflexionaron especialmente sobre o tema e elaboraron unhas mans coas súas ideas sobre..."Que está nas túas mans para eliminar a violencia contra as mulleres?"




E algunhas desas reflexións foron, en Educación Infantil, ideas tan fundamentais como a importancia de ser amigos, de abrazar, de axudar e de escoitar.


En Educación Primaria reflexionaban: NAS MIÑAS MANS ESTÁ:
  • Ver aos nenos e nenas igual.
  • Que os nenos e nenas poidan vestirse coas mesmas cores.
  • O amor non é maltrato.
  • Os homes e mulleres deben respetarse sempre.
  • Somos diferentes por fora pero por dentro temos os mesmos dereitos.
  • Pensa co teu cerebro...sé crítico co que ves.
  • A muller é a que da a vida, se lle fas dano, fas dano ao mundo.
  • Calquera persoa que crea na igualdade debe ser feminista.
  • Non pegar, insultar, nin discriminar a ninguén por ningunha razón.
  • Non fagas trato co maltrato.
  • Homes e mulleres todos somos persoas. Loita pola igualdade!
  • E calando...que fas? Cóntao!!

Estas son solo algunhas das súas ideas... Con elas pretendemos que os seus actos acompañen ás súas verbas por un presente e un futuro sen violencia e en igualdade.


24 ago. 2017

Bolsas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2017-18

Desde o día 13 de agosto e ata o 28 de setembro de 2017 está aberto o prazo para solicitar bolsas e axudas do MECD para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta, para alumnado con necesidade de reducación pedagóxica ou de linguaxe, así como para programas complementarios a alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Toda a información e o acceso á solicitude a través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.A solicitude deberá entregarse no centro.

NOVO CURSO ESCOLAR 2017-18

O próximo 11 de setembro comeza un novo curso escolar, e dende o blog de orientación do centro queremos dar a benvida ao novo alumnado e tamén ao que continúa, así como a profesorado e familias. 
Este curso se presenta cargado de ilusións e de retos, traballaremos tod@s xunt@s neste proceso marabilloso da aprendizaxe.

Quero comezar cunha cita dun libro que temos no departamento (para préstamo a docentes, alumnado e familias) e do que falarei noutras ocasións polo estupendo  que resulta: "Educar en el asombro" de Catherine LÈcuyer:

"Si nos fijamos en los pequeños de 6 meses cuando se les acerca un extraño miran al extraño luego a su madre, vuelven a mirar al extraño y luego de nuevo a su madre. Es como si estuviesen pidiendo permiso. Luego, más tarde, cuando descubren algo nuevo, necesitan compartirlo con su madre o con su padre, se lo enseñan. Y más tarde, no dirán nada al ver algo nuevo, pero muy probablemente echarán un vistazo a los ojos de su madre, padre o principal cuidador, porque miran a través de los ojos de la persona que les cuida. Por ejemplo,si nos fijamos, cuando pasa algo fuera de lo normal, lo primero que hacen los niños es mirarnos. Si ponemos cara de susto se asustarán. Si ponemos cara de disgusto, se disgustarán. Si ponemos cara de risa, lo encontrarán divertido. Ese mirar a través de sus progenitores es modo más poderoso del que disponemos para educar a nuestros hijos. Por eso la mirada que tenemos ante el mundo que rodea les afecta tanto a ellos.”

Estas liñas que van dirixidas åos que somos nais e pais, tamén se poden aplicar aos docentes, que pasamos horas e días e anos con rapaces e rapazas que miran desta maneira a través dos nosos ollos.


Espero e confío en continuar con este traballo tan apaixoante e importante que fixo ata agora o Departamento de Orientación, no que collo o testigo con moita ilusión. Chámome Noa Vedia Baliñas e serei a orientadora do centro durante os próximos anos. Un saúdo e... vémonos no cole! 

29 may. 2017

CAMIÑO Á EDUCACIÓN PRIMARIA

Achegamos a presentación utilizada na charla coas familias do alumnado de 6º de Educación Infantil e o tríptico informativo sobre a transición á Educación Primaria.

BENVIDA Á ESCOLA

Queremos dar a benvida a todo o alumnado que o próximo curso se vai incorporar ao noso centro en 4º de Educación Infantil e ás súas familias .
Nesta entrada podes ver a presentación utilizada na reunión de acollida e acceder a outra información que pode ser de interese para preparar a entrada á escola.

Esperámosvos en setembro!



Desde aquí podedes acceder a unha entrada do blog con documentos para o comezo da escola.


Ademais, recollemos unha guías publicadas polo EOE de Cazorla no seu blog que presentan con gran claridade estratexias a seguir polas familias para algúns dos problemas máis frecuentes co rapaces e rapazas destas idades.

 PARA PATALETAS

PARA PREVIR A AGRESIVIDADE INFANTIL

PARA O CONTROL DE ESFÍNTERES

PARA AFRONTAR OS MEDOS

PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL

PARA A ADQUISICIÓN DE HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN

PARA A FAMILIA DO NENO/A DESATENTO, NERVIOSO, ...

PARA FACILITAR HÁBITOS DE SONO

PARA SUPERAR CELOS E RIVALIDADE ENTRE IRMÁNS
.
PARA ALUMANDO CON DIFICULTADES EN MOVEMENTOS CORPORAIS AMPLOS

PARA EVITAR A SOBREPROTECCIÓN FAMILIAR
PARA SUPERAR A TIMIDEZ NA INFANCIA

Fonte guías: EOE CAZORLA

28 may. 2017

CAMIÑO Á ESO

Nestas presentacións e nos seguintes enlaces poderás atopar información sobre a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria e o centro ao que estamos adscritos: IES María Casares.






Preme nas imaxes para acceder ás páxinas web do IES María Casares e do seu Departamento de orientación.